lunes, 18 de marzo de 2013

Chapela 18 de marzo


Todo comezou o día no que os profes preguntáronnos  se queriamos presentarnos ao Rally de Ciencias que se organizaba por vez primeira en Galiza.

Apuntámonos 9, os que aquí vedes montados no tren cara Santiago, aínda que ao final quedamos 8, pero,...volvamos atrás.

A proba no IES celebrouse  o día 18 de marzo, ás 5 da tarde. Traballamos os 8 (ainda que   no grupo inicial estaba tamén Gabriel), e enviamos os nosos resultados por internet a Santiago.

Uns días despois comunicáronos  os resultados. Que sorpresa!
                         
                        QUEDAMOS PRIMEIROS FINALISTAS!

AquÍ vedes os centros premiados.

Tiñamos que ir á final  a Santiago. E alí fomos, en tren,..  o dia 11 de abril, 9 alumnos e alumnas e 2 profes.