lunes, 3 de junio de 2013

Un longo camiño hacia Toulouse


Todos no bus xa dirección Toulouse (Francia).









A viaxe foi máis curta do que crimos grazas a que fumos durmindo, aquí algúns exemplos.

Foron 16 horas longas de autobús pero valeron a pena para poder participar no rally e coñecer  Toulouse.

jueves, 16 de mayo de 2013

O día 14 ás 8 da tarde, saímos cara  Toulouse.

 Aquí estamos  dentro do autobús xunto  a profe de Francés Mº José que nos acompaña.



sábado, 4 de mayo de 2013

Preparando a viaxe a Toulouse

O día 14 pola tarde saímos en autobús cara Toulouse.
Imos cos outros centros gañadores: Ourense, Vigo e Catoira ( 40 alumnos e alumnas e 5 profes).

Acompáñanos a profe de Francés,...Non vaia a ser que teñamos problemas coa lingua!

A proba vai ser o dia 17 de maio  na Universidade Paul Sabatier. O  Día das Letras! Iste ano quedamos sen a Maratón!

Competiremos con  alumnos  e alumnas de toda Francia. A ver se levamos a copa!

As probas da final de anos anteriores (de 3º e 4º) as podedes ver aquí.

http://www.math.univ-toulouse.fr/rallye2013/archives/
http://www.cprlanuza.org/rally12/index.html  Probas de Ciencias.
A ver quen  practica máis!


Última nova enviada por Manuel desde Santiago: por diversos problemas non haberá proba de ciencias, asi que competiremos na proba de matemáticas. Aí van as ligazóns:

http://www.cprlanuza.org/rally12/pruebas.php  Probas de matemáticas





jueves, 11 de abril de 2013

A final en Santiago 11 de abril

                                       Fomos a Santiago  en tren e  descansamos da chuvia  en   Fonseca, 
                                      Logo fixemos a proba cos outros dous centros finalistas,
                                      Aquí estamos concentrados na proba,
 e mentres as profes corrixían,  fomos visitar o observatorio de astronomía Ramón Maria Aller,
                                               Mágoa de fotos!. Había pouca luz.                                            
                 
                                        A volta escoitamos o resultado e  GAÑAMOS!
                                         Elsa foi a primeira en subir ao estrado,
                               e  aqui todo o grupo recollendo o premio,xunto cos profes e os organizadores.
 
                        Iste é o noso título cos nomes de tadas e todos  e saímos na PRENSA
Centros premiados en IGACIENCIA

Agora  a preparar a viaxe a Toulouse.
 

lunes, 18 de marzo de 2013

Chapela 18 de marzo


Todo comezou o día no que os profes preguntáronnos  se queriamos presentarnos ao Rally de Ciencias que se organizaba por vez primeira en Galiza.

Apuntámonos 9, os que aquí vedes montados no tren cara Santiago, aínda que ao final quedamos 8, pero,...volvamos atrás.

A proba no IES celebrouse  o día 18 de marzo, ás 5 da tarde. Traballamos os 8 (ainda que   no grupo inicial estaba tamén Gabriel), e enviamos os nosos resultados por internet a Santiago.

Uns días despois comunicáronos  os resultados. Que sorpresa!
                         
                        QUEDAMOS PRIMEIROS FINALISTAS!

AquÍ vedes os centros premiados.

Tiñamos que ir á final  a Santiago. E alí fomos, en tren,..  o dia 11 de abril, 9 alumnos e alumnas e 2 profes.